HISTORIA COMPLETA DA BANDA
A Banda de Gaitas de Paramos nace en maio de 2007 no Centro Cultural Laxes, bajo a dirección de José Manuel Caballero Fernández como profesor de gaita e percusión. Neste momento comeza a formar a músicos, algúns con coñecementos musicais pero a gran maioría sen contacto previo coa música.
A primeira actuación da banda foi en decembro de 2008, máis concretamente no “Festival de Nadal” da asociación. A esta actuación seguiranlle actuacións en Galicia, Asturias, Cantabria, Zamora, Portugal, Alemaña, Barcelona, Madrid, Tarragona, etc. Como podemos ver, a súa historia ao longo destes anos de vida componse de actuaciones tanto a nivel nacional como internacional.
No ano 2013, ano no que se incorpora Sergio Caballero Fernández como profesor de percusión, a banda viaxa a Versmold (Alemania), con motivo do festival “European is dancing in Versmold”, compartindo escenario con grupos de Serbia, Polonia, Portugal e Alemaña.
Outro acontecemento destacado foi o primeiro premio conseguido no ano 2017 na XXVI Liga de Bandas de Gaitas.
Entre os anos 2015 e 2019 organiza o Encontro de Bandas de Gaitas “Cidade de Tui”, no que participaron prestixiosas bandas de distintos puntos da Península Ibérica: B.G. Villa de Xixón, B.G. Sons de la Cossetania, B.G. As Portelas, B.G. de Villaviciosa, etc.
O acontecemento máis recente e, ata o momento, o máis importante, é a viaxe no ano 2022 á cidade de Nova York, invitados polo Celtiberian Heritage – New York para participar no Saint Patrick´s Day Parade; viaxe na que tamén se realizaron concertos no Centro Español en Queens, Casa de Galicia en Queens, desfile en New Jersey, etc.
Na actualidade, dita agrupación está formada por máis de 50 compoñentes, e conta ademais cunha canteira de alumnado de todas as idades, que reciben clases de linguaxe musical, gaita e percusión tradicional.
Como xa mencionamos, a Banda de Gaitas de Paramos, busca manter a tradición musical de Galicia tocando pezas tradicionais galegas, pero ademais dentro do seu repertorio tamén inclúe temas de distintos estilos musicais e, por proximidade, temas tradicionais portugueses; aportando pequenos trazos de modernidade, grazas á incorporación de instrumentos non habituais neste tipo de formacións.
Poñemos fin a esta breve historia mencionando que son habituais as actuacións no país veciño (Portugal) e en outros puntos da Península Ibérica como: Asturias, Cantabria, Zamora, Madrid, Tarragona, etc. Ademais, claramente, de en calquera lugar da nosa Comunidade Autónoma.