top of page
51592786947_0a9bd3bfab_o.jpg
La banda

   A Banda de Gaitas de Paramos é unha agrupación musical que se adica á interpretación de música tradicional e folclórica, aínda que tamén de música máis actual, a través de gaitas, tambores, pandeiretas, bombos e outros instrumentos típicos.

 

   Podería dicirse que o noso son é único e coas diversas e variadas interpretacións que facemos buscamos representar a cultura e tradicións da nosa rexión, enlazar a música tradicional con outros estilos musicais e, sobre todo, contentar e agradar ao noso público.

   Así pois, tendo en conta o que expuxemos nas anteriores liñas, coa finalidade de achegar a nosa música a todo tipo de oíntes, solemos tocar en festas, festivais, bodas, etc. 

- Banda de Gaitas de Paramos -

51593655833_2bbdd91a87_o_edited.jpg
bottom of page